De acordo co punto 36 da Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), pola que se convocaban procedementos selectivos para acceso ó corpo de mestres, este tribunal número 1 de filoloxía inglesa da Coruña acorda o seguinte:
Primeiro.-Acto de presentación dos opositores.
Data: 27 de xuño de 1995.
Hora: 9.30.
Centro: C.P. Wenceslao Fernández Flórez.
Segundo.-Realización da proba de coñecementos de lingua galega.
Data: 27 de xuño de 1995.
Hora: 12.30.
Centro: C.P. Wenceslao Fernández Flórez.
Terceiro.- Realización da proba práctica.
Data: 30 de xuño de 1995.
Hora: 8.30.
Centro: C.P. Weríceslao Femández Flórez.
Recórdase que, de conformidade co apartado 37 da Orde do 28 de marzo de 1995, a asistencia ó acto de presentación é obrigatoria, e decaerán nos seus dereitos os aspirantes que non comparezan.
Santiago de Compostela, 31 de maio de 1995.
Severo Mateos López
Presidente do tribunal