Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do PXOU de Ourense na zona 2 do SU-29.

O Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 9 de marzo de 1995 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana na zona 2 do SU-29.

Anúnciase a exposición pública do dito proxecto no departamento de Xestión e Promoción Urbana polo prazo de un mes, para que polas persoas ou entidades interesadas acheguen cantas alegacións estimen oportunas desde o día seguinte á publicación deste anuncio.

Todo isto de conformidade co artigo 128.1º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 18 de abril de 1995.

O alcalde

Rubricado