Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 2 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, relativo á práctica de notificación, no expediente de solicitude de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52887).

En cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio efectúase a notificación de data 22-12-1994, de titular descoñecido ou con domicilio ignorado, segundo propuxo a empresa beneficiaria do procedemento ou por devolución do servicio de correos, e que literalmente di:

«Formulada por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. en concepto de entidade beneficiaria, solicitude para a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 15/20 kV e C.T. en Braña da Serra (Coristanco).

De acordo co establecido no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de ins

talacións eléctricas, aprobado por Decreto 26/1966, do 20 de outubro, notifícase que os predios que se relacionan están afectados na forma que se describe:

A declaración de utilidade pública para estas instalacións foi outorgada por Resolución de data 17 de xuño de 1994.

En consecuencia, sendo propostos vostedes como titulares dos predios afectados, advírteselles que dentro do prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó desta notificación, poderán achegar por escrito, ante esta delegación sita no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de predios, propietarios, bens e dereitos que se afectan, establecida pola entidade beneficiaria, así como formula-las alegacións que consideren pertinentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Regulamento 2619/1966 citado.

Infórmase ós propietarios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa nela ou por escrito que se reciba nesta delegación, os datos para identificación dos bens que se afectan; e que de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o xurado provincial de expropiación, en cada caso».

De confonnidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, dirixiranse ó Ministerio Fiscal as notificacións e dilixencias do proceso expropiatorio destes predios, de non comparecer no expediente os seus titulares.

A Coruña, 2 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña