Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1995, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamenlo das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de alargamento e mellora do trazado da estrada C-630, tramo: A Lastra-A Fonsagrada, clave: N-LU-87.2.0.2, concello de Baleira (Lugo).

O director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con data do 10 de febreiro de 1995 aprobou o proxecto das obras de alargamento e mellora do trazado da estrada C-630, tramo: A Lastra-A Fonsagrada, clave: N-LU-87.2.0.2.

Polo Decreto 50/1995, do 16 de-febreiro, da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 40, do 25 de febreiro) declárase urxente, para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócase os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Baleira e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación deles, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerase necesario.

Lugar: Concello de Baleira. O levantamento de actas será no salón de actos do colexio da Lastra.

Día: 14 de xuño de 1995 de 17 a 19.30 horas.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse, á súa costa, se o estimaren oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tida conta destes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os inte-

resados poidan formular por escrito ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na Ronda da Muralla, nº 131, 27001 Lugo, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 26 de maio de 1995.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Lugo