Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 27 de marzo de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 290 de clasificación do monte Forgoselo, pertencente ós lugares lindantes do citado monte, concellos da Capela, San Sadurniño e As Pontes.

Perante este xurado provincial tramítase expediente nº 290 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: monte Forgoselo.

Comunidade: lugares lindantes do monte.

Concellos: A Capela, San Sadurniño e As Pontes.

Superficie: 1.264,50 ha.

Lindeiros:

Parcela I: cunha superficie de 1.121,5 ha. Delas, 702 ha están incluídas no concello da Capela, 388 ha no de San Sadurniño e 31,5 ha no das Pontes.

Norte: lugares das parroquias de Narahío, Igrexafeita, A Capela e Goente. Leste: lugares da parroquia de Goente. Sur: lugares das parroquias de Goente, A Capela, Caaveiro, Narahío e de novo Caaveiro. Oeste: lugares das parroquias de Caaveiro e Narahío.

Parcela II: situada no sur da anterior e cunha superficie de 143 ha, das que 135 ha corresponden ó concello da Capela e 8 ha ó das Pontes.

Norte: lugares da parroquia da Capela. Leste: lugares das parroquias da Capela e Goente. Sur: lugares das parroquias de Goente e A Capela. Oeste: lugares da parroquia da Capela.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, de data 27 de marzo de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demáis disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no Art. 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistilos en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que coiden conveniente ó respecto.

A Coruña, 27 de marzo de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña