Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, da contratación de asistencia técnica para a realización de informes técnicos sobre execución de obras do Fondo de Cooperación Local 1995, provincia de Lugo.

A Consellería de Economía e Facenda, por proposta da Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións cos U.E., convoca o seguinte concurso público aberto:

1. Obxecto: realización de informes técnicos sobre execución de obras do Fondo de Cooperación Local do ano 1995, provincia de Lugo.

2. Orzamento (IVE incluído): 13.966.689 ptas.

3. Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o día 30 de novembro de 1995.

4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o prego de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa U.E. da Consellería de Economía e Facenda, Servicio de Xestión de Investimentos, San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela.

5. Clasificación: grupo I, subgrupo, 1.

6. Categoría: B.

7. Modelo de proposición: a proposición económica formularase conforme o modelo que se xunta como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: as proposicións terán que ser presentadas en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, redactado segundo o Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

O prazo de presentación de proposicións comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución e rematará ás catorce horas do vixésimo día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

9. Documentación que deberán aporta-los licitadores: toda a documentación que se especifica nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás dez horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.

Os anuncios e demais gastos que orixine este concurso serán por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de

Economía e Facenda