Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.326

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (46/1994).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira fai saber que nos autos que a continuación se dirán dictouse a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Negreira o dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Serrano Arnal, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, vistos os presentes autos de xuízo verbal número 46/1994, seguidos entre partes, dunha, como demandante, Felisa Ríos Varela, representada polo procurador Regueiro Muñoz, e da outra, como demandados, Victoria Caamaño, en rebeldía, Julio Ferreiro Caamaño, José Ferreiro Caamaño, Antonio Ferreiro Caamaño, María Ferreiro Caamaño, Dolores Ferreiro Caamaño e Isabel Ferreiro Caamaño, sobre acción reivindicatoria, e decido que, estimando a demanda interposta en nome de Felisa Ríos, Varela, e en beneficio da comunidade de herdeiros do seu falecido esposo, debo condenar e condeno os demandados Julio, José, Antonio, Dolores e Isabel Ferreiro Caamaño, na súa condición de herdeiros de José Ferreiro Dopazo e Victoria Caamaño Negreira, a que retiren o muro de formigón construído na lonxitude que se determina no fundamento 2º in fine desta resolución, abs

téndose no sucesivo de realizar ningún tipo de acto que perturbe a propiedade da demandante, e ó pagamento das custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que por non ser firme é susceptible de recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expídese este edicto para que sirva de notificación en legal forma á parte demandada en rebeldía, Antonio Ferreiro Caamaño, e ós herdeiros descoñecidos e incertos de Victoria Caamaño Negreira.

Dado en Negreira o vintecatro de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Asinado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE RIBEIRA