Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 08 de xuño de 1995 Páx. 4.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, de proxecto e execución de colectores de augas residuais, canalización do río Anllóns e E.D.A.R. en Carballo (A Coruña).

Procedemento aberto.

1. Nome, enderezo, nº de teléfono e telefax do poder adxudicador.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

A Coruña (España).

Teléfono número: (981) 54 45 51.

Telefax número: (981) 54 45 29.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida:

Concurso de proxecto e execución de acordo co artigo 35.2º da Lei de contratos do Estado.

b) Contido do contrato da licitación:

Proxecto e execución de colectores de augas residuais, canalización do río Anllóns e E.D.A.R. en Carballo (A Coruña).

De clave: OH.315.365.

3. a) Lugar de execución:

Termo municipal: Carballo (A Coruña).

b) Natureza e alcance das prestacións e características da obra:

Colectores: ampliación da rede de colectores existentes prolongándose nunha lonxitude aproximada de 8.000 mil.

-Material dos colectores: formigón, P.V.C. ou fibrocemento.

-Diámetros: variables desde Ø 400 ata Ø 800.

Planta depuradora: construcción dunha E.D.A.R. para unha poboación equivalente de 35.000 habitantes. Caudal medio de 450 m/h e caudal punta de 1.080 m /h.

A E.D.A.R. contará cun pretratamento, un tratamento primario, tratamento secundario e o correspondente tratamento de lodos incluíndo a súa deshidratación e acondicionamento final.

Canalizacións: tense previsto realiza-la canalización do arroio da balsa mediante sección rectangular de formigón armado de 5,70 x 2,87. Así mesmo está prevista a adecuación do ría Anllóns nunha lonxitude de 450 m mediante o alargamento do leito e a protección dos noiros con dique.

Orzamento: 821.000.000 de pesetas (oitocentos vinteún millóns de pesetas).

Prazo de execución eventualmente imposto.

36 meses.

5. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas adxudicataria do contrato.

Constitución da agrupación de empresas en escritura pública.

6. a) Lingua ou linguas nas que debe redactarse.

Galego, español ou nos restantes idiomas da Comunidade Europea, acompañado de traducción oficial.

b) Enderezo do servicio ó que se poden solicita-los pregos de condicións e documentación e información complementaria ó respecto:

Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicase Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela, A Coruña (España). Teléfono número (981) 54 45 51.

7. a) Data límite da recepción das proposicións:

90 días naturais contados a partir da data de envío deste anuncio que figura no apartado 14 seguinte.

b) Enderezo ó que se deben envia-las proposicións:

O indicado no apartado 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

8. Se é o caso fianza e garantía esixidas.

Esixirase unha fianza provisional de 16.420.000 pesetas, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas deberán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que a regulan.

Pagamentos a conta, de carácter mensual basados na avaliación do traballo de conformidade co disposto no artigo 142 do Regulamento xeral de contratación.

10. Datos referentes á situación do empresario así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo contratista.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Apertura de proposicións.

Procederase a ela en acto público, o décimo día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións, salvo que o devandito día coincida en sábado ou domingo; en tal caso, a apertura, realizarase o luns seguinte.

O devandito acto celebrarase ás 10 horas do día indicado nas oficinas da Dirección Xeral de Obras Públicas, no enderezo que se recolle no apartado 6. b) anterior.

12. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

13. Información complementaria.

Clasificación (nos supostos en que legalmente sea esixible ás empresas licitadoras): grupo K, subgrupo 8, categoría e y grupo E, subgrupo 1, categoría e.

14. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicación Oficiais das Comunidades Europeas.

2 de xuño de 1995.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda