Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 08 de xuño de 1995 Páx. 4.251

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 3246 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de BEGASA, con domicilio en Cidade de Viveiro, 4 - 1º, Lugo, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria.

Esta delegación provincial resolveu autorizar a BEGASA a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: liñas media tensión a 20 kV, conductor LA-30, apoios de formigón e torres metálicas, orixe na L.M.T. Bravos-Vilar e final nos centros Abelleira e San Miguel, cunha lonxitude de 489 m. Centros de transformación 50 kVA, 380/220 V, sitos en Abelleira e San Miguel. Redes de baixa tensión, conductores R.Z.-95-50-25, apoios de formigón ou sobre fachadas, para mellora da subministración no concello de Viveiro.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 5 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo