Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 33-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. de 630 kVA.

Situación: Avda. da Constitución. Boiro.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor V.H.R. 12/20 kV de 3(1 x 150) mm Al, de 255 m de lonxitude, con orixe na lifia que alimenta o C.T. número 1 de Boiro e remate que se va¡ construír en Avda. da Constitución. Centro de transformación, tipo interior, de 630 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV. Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de marzo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña