Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 05 de xuño de 1995 Páx. 4.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

Aprobación inicial da delimitación e do estudio de detalle, e inicio do expediente de reparcelación na unidade de actuación na confluencia das rúas Sánchez Freire e Conxo de Arriba coa Ronda Sur.

O Pleno do Concello, en sesión do 28 de abril de 1995, acordou aprobar inicialmente a delimitación e o estudio de detalle da unidade de actuación na confluencia das rúas Sánchez Freire e Conxo de Arriba coa Ronda Sur, promovidos por Vicente García Porto, S.L., fixando como sistema de actuación o de cooperación.

O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da publicación deste anun

cio no BOP co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Na mesma sesión plenaria acordouse a tramitación simultánea do expediente reparcelatorio consonte o disposto polos artigos 81 e 101.2º do Regulamento de xestión urbanística (RXU). Este acordo determina o inicio do expediente de reparcelación e implica a suspensión do outorgamento de licencias de parcelacións e edificacións no ámbito da unidad, de acordo co disposto polo artigo 104. 1º do RXU.

O ámbito da unidade de actuación é o definido polas seguintes estremas:

Norte: traseiras dos predios pertencentes ó solo urbanizable programado nº 4 (SUP-4).

Sur: cruzamento das rúas Sánchez Freire e Conxo de Arriba.

Leste: rúa Sánchez Freire, entre os números 88 e 106.

Oeste: rúa de Conxo de Arriba, desde o nº 39 ata o seu remate na confluencia coa rúa Sánchez Freire.

Dentro do prazo de tres meses desde a data de publicación deste anuncio no BOP, os interesados poden formular e elevar á Administración municipal o proxecto de reparcelación da unidade. Como requisitos indispensables, o proxecto deberá ser presentado polos interesados que representen os dous tercios dos propietarios afectados e, como mínimo, o 80% da superficie reparcelable.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1995.

P.D.

Pedro A. Fernández Fernández

Concelleiro de Urbanismo