Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 05 de xuño de 1995 Páx. 4.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1995 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Vilagarcía de Arousa.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, en data 5 de xaneiro de 1993, asinou un convenio co Concello de Vilagarcía para a creación dun parque empresarial no municipio.

Con data 29 de decembro de 1993, o Concello de Vilagarcía aprobou definitivamente o plan parcial do devandito parque. Este plan parcial determina como sistema de actuación para a súa execución o sistema expropiatorio, o que implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificacións correspondentes para os fins da expropiación, de acordo co disposto no artigo 132 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto

refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.

Os bens e dereitos afectados pola expropiación están comprendidos dentro do ámbito da unidade de execución delimitada no plan parcial do parque empresarial de Vilagarcía, e están concretados na relación de propietarios e titulares de bens e dereitos que se precisan ocupar e que se recolle no documento do plan parcial.

De conformidade co previsto nos artigos 219 e seguintes do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Vilagarcía.

O expediente estará exposto no Concello de Vilagarcía de Arousa e na Delegación Provincial de Pontevedra do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sitas en r/ Alcalde Hevia s/n, por termo de un mes, a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que estimen oportunas, por triplicado exemplar, no rexistro xeral do Insituto Galego da Vivenda e Solo, sito na r/ Alcalde Hevia s/n, Pontevedra.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e

Solo