Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 05 de xuño de 1995 Páx. 4.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncian as contratacións dos servicios de mantemento, seguridade e cociña-comedor nos centros residenciais docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, e do servicio de limpeza nos centros residenciais docentes e I.E.S.P. de Ourense e Vigo.

Mediante procedemento de concurso público previsto no artigo 8 do Decreto 1005/1974, do 4 de abril, tramitado polo procedemento de urxencia regulado no artigo 26 da Lei de contratos do Estado, anúnciase a contratación dos servicios de mantemento, seguridade e cociña-comedor nos centros residenciais docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e do servicio de limpeza nos centros residenciais docentes e I.E.S.P. de Ourense e Vigo para o período comprendido entre o 1 de xullo de 1995 e o 30 de xuño de 1996, segundo as prescricións consignadas no prego de cláusulas administrativas particulares e as especificacións que se detallan nas correspondentes condicións técnicas, que se poden consultar nos servicios centrais desta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Poderán concursa-las persoas naturais e xurídicas, españolas ou estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar, non se atopen comprendidas nalgunha das circunstancias que se refiren os artigos 9 da Lei de contratos do Estado e 23 do Regulamento xeral de contratación.

O orzamento máximo autorizado para esta contratación especifícase no cadro adxunto a este prego de cláusulas administrativas. O seu detalle é o seguinte:

Mantemento.

C.R.D. Ourense: 14.006.408 pesetas.

C.R.D. Vigo: 20.993.592 pesetas.

Seguridade.

C.R.D. A Coruña: 10.753.410 pesetas.

C.R.D. Ourense: 11.740.575 pesetas.

C.R.D. Vigo: 10.506.015 pesetas.

Cociña-comedor.

C.R.D. A Coruña: 49.590.000 pesetas.

C.R.D. Ourense: 40.223.000 pesetas.

C.R.D. Vigo: 44.080.000 pesetas.

Limpeza.

C.R.D. e I.E.S.P. Ourense: 42.328.856 pesetas.

C.R.D. e I.E.S.P. Vigo: 50.371.144 pesetas.

De conformidade co sinalado nos pregos de referencias técnicas.

Os licitadores presentarán dous sobres pechados, lacrados e selados, un dos cales conterá a documentación esixida para tomar parte no concurso e levará o subtítulo de «Referencias» e outro conterá a proposición económica e levará o subtítulo de «Oferta económica». O seu contido especifícase na cláusula sétima do prego.

Para tomar parte no concurso público os licitadores xuntaranlles ás súas respectivas ofertas, castas de pagamento ou resgardo que xustifique o seu depósito na Caixa Xeral de Depósito ou nas súas sucursais, ou na Caixa da Tesourería Xeral da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, á disposición do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, unha fianza provisional do dous por cento (2%), do orzamento tipo de licitación sinalado para cada centro; ou, de se-lo caso, aval bancario que cumpra os requisitos establecidos nos artigos 370 e seguintes do Regulamento xeral de contratación.

A documentación poderase presentar no rexistro dos servicios centrais da consellería. O prazo para efectualo rematará ás 14 horas do décimo día hábil contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria