Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 05 de xuño de 1995 Páx. 4.143

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1995 pola que se anuncia o cambio de emprazamento da xornada de estudio sobre simplificación administrativa do vindeiro 20 de xuño.

Pola súa superior capacidade e con obxecto de acoller a máis público, faise saber que será no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Coruña, onde se desenvolverá a xornada do próximo 20 de xuño, martes, sobre simplificación administrativa, quedando por tanto sen efecto o lugar inicialmente sinalado (DOG nº 92, do 15 de maio) para a realización desta actividade.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA