Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha R.B.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: en Igrexa-Rande-Balouta, concello de Barro.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: R.B.T., aérea, de 1.925 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. sobre apoios de formigón e fibra de vidro.
Orzamento: 5.718.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 28 de marzo de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra