Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.108

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 24 de maio de 1995 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan (Cangas e oito máis).

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 22 de marzo de 1995 (BOE do 5 de abril de 1995), e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial.

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, e o decreto da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, e demais disposicións autonómicas pertinentes, esta consellería, para prove-las notarías vacantes radicadas no territorio desta Comunidade Autónoma, outorga os nomeamentos de:

-Mariano Vaqueiro Rumbao, notario de Nigrán, 3ª, para a notaría de Cangas (Pontevedra).

-Ramón-Jesús-Domingo Mucientes Silva, notario de Medina del Campo, 2ª, para a notaría de Redondela (Pontevedra).

-José-Ignacio Feijoo Juarros, notario de Cuntis, 3ª, para a notaría de A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

-José-Antonio Cora Guerreiro, notario de Ourense, 1ª, para a notaría de Ferrol (A Coruña).

-Manuel-María Antonio Romero Neira, notario de Foz, 3ª, para a notaría de Negreira (A Coruña).

-María-José Gómez Grau, notaría de Torrecilla de Cameros, 3ª, para a notaría de San Sadurdino (A Coruña).

-Juan-Antonio Rúa Prieto, notario de Ponte Caldelas, 3ª, para a notaría de O Carballiño (Ourense).

-Alberto-María Romero Neira, notario de Navia, 3ª, para a notaría de Fene (A Coruña).

-Fernando Maiz Cal, notario de Cedeira, 3ª, para a notaría de Vimianzo (A Coruña).

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1995.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Sr. Director Xeral de Xustiza e Interior

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA