Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.079

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 177/1994 (51.636)).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na rúa Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña, para a autorización admi

nistrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 5.950 m de lonxitude, con orixe no C.T. Brandariz (expediente número 31.464) e remate na liña Couceiros-Calvo Sotelo e San Pedro de Mezonzo-Teixeiro (expediente número 50.782).

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e conductor LA-110, de 840 m de lonxitude, con orixe na liña Illana-Casilla. Curtis.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 7 de marzo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña