Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.074

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 153/1995, do 18 de maio, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica aérea a 10/20 kV ó C.T. proxectado en Liñares, no concello de Poio (Pontevedra). (Expediente número 120/1988 A.T.).

Unión Eléctrica Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na r/ Femando Macias nº 2 da Coruña, solicitou da Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 10/20 kV de 1245 m de lonxitude, conductor LA-30 de 31,1 mm2, apoios de formigón e metálicos e tomas de terra, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Orgo do Monte e remate no C.T. proxectado en Liñares, no concello de Poio (Pontevedra). Expediente número 120/1988 A.T.

A dita instalación autorizouse, declarouse de utilidade pública, e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra do 7-8-1989, a cal foi obxecto de publicación inseríndose no DOG do 11-9-1989, no BOP de Pontevedra do 6-9-1989, e no BOE do 4-9-1989.

A solicitude de urxente ocupación fíxose de conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico español.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no xornal El Faro de Vigo do 15-4-1994, no BOP de Pontevedra do 21-1-1994, no DOG do 28-4-1994, e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Poio e nos da

delegación provincial referida; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación, así como a Carmen Cochón Gómez, que resultou se-la titular do predio número 61. Por resultar descoñecidos os titulares dos predios números 16, 17, 18, 19, 21, 23, 24, 30, 32, 33, 34, 36, 46 e 47, déuselle traslado das actuacións practicadas ó Ministerio Fiscal, segundo o artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

A tramitación do expediente fíxose de acorde coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu Regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período no que se someteu a trámite de información pública formularon alegacións os propietarios dos eidos números 9, 53 e 70, as cales foron debidamente atendidas, chegándose ó mutuo acorde entre as partes.

Unha vez efectuada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da imposición de servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 de Lei 10/1966, do 18 de marzo e 25 de Decreto 2619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña preténdese amplia-las redes de distribución de enerxía, para mellora-la subministración eléctrica nos sectores de establecemento das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo as constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faria imposible cumpri-los prazos previstos para esta instalación.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de maio de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu Regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4 da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., da liña eléctrica aérea a 10/20 kV ó C.T. de Liñares.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Poio (Pontevedra) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu

a información pública na forma e datas anteriormente descritas. Por solicitude do beneficiario exclúense desta disposición os predios números 9, 53, 56 é 70, ó terse chegado ó mutuo acordo entre as partes.

Santiago de Compostela, dezaoito de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio