Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 152/1995, do 18 de maio, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun terreo de 2.229,79 m, sito no polígono de Campolongo (Pontevedra) con fronte ás rúas Augusto García Sánchez e Xeneral Rubín, termo municipal de Pontevedra, feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para sede do edificio de xulgados.

O Pleno da Corporación municipal de Pontevedra, en sesión ordinaria celebrada o 31 de marzo de 1995, acordou a cesión á Xunta de Galicia dun terreo de 2.229,79 m para sede do edificio de xulgados.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se consideran carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Pontevedra acordou a cesión, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de maio de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la cesión gratuíta do terreo de 2.229,79 m pertencente ó Concello de Pontevedra, sito no polígono de Campolongo con fronte ás rúas Augusto García Sánchez e Xeneral Rubín.

Estrema: ó norte, fachada sur do pazo de audiencia provincial nunha lonxitude de 50 m, e 25 cm; ó sur, co linde norte da parcela número 36 nunha lonxitude de 46 m e parte curva á rúa Xeneral Rubín; ó leste, coa Avda., Augusto García-Sánchez nunha lonxitude de 42 m, e 25 cm en forma recta e continuando en curva cun radio de 17,50 m ata a rúa Xeneral Rubín e ó oeste, coa rúa Gagos de Mendoza nunha lonxitude de 29 m, e 50 cm, e co pozo da audiencia nunha lonxitude de 25 m, e 90 cm, o predio atópase libre de cargas.

O inmoble descrito atópase inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra, no libro 476, tomo 1.068, predio nº 43.347.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á sede do edificio de xulgados.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaria Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, dezaoito de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda