Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 1995 Páx. 4.041

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de abril 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 02/5623/94, interposto por Forjados Rivera, S.A.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación

co recurso contencioso-administrativo número 02/5623/94, interposto por Forjados Rivera, S.A. contra acordo da C.P.U. da Coruña de 27-07-93 e desestimación presunta de recurso de alzada ante a C.P.T.O.P.V., sobre aprobación do proxecto de expropiación para exclusión plan parcial de actuación industrial Espírito Santo, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Terri-

torial, Obras Públicas e Vivenda