Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1995 pola que se anuncia concurso público para a realización dun contrato de asistencia técnica.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase licitación dun contrato de asistencia técnica polo sistema de concurso público suxeito ás seguintes bases:

Obxecto do contrato e importe: realización do traballo de estimación e peche das contas económicas

sectoriais de Galicia para o ano 1992, cun orzamento de 20.000.000 de ptas., IVE incluído.

Procedemento e forma de adxudicación: concurso pública, ó abeiro do artigo 8 do Decreto 1005/1974, do 4 de abril.

Prazo total da execución: catro meses (4 meses) contados a partir da sinatura do contrato.

Órgano de contratación: Instituto Galego de Estatística.

Lugar onde se poden recolle-los pregos e demais documentación: Negociado do Rexistro do Instituto Galego de Estatística, r/ Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela.

Presentación de ofertas: presentaranse en horario das nove ás catorce horas, no prazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no Negociado do Rexistro do Instituto Galego de Estatística, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: o día seguinte hábil ó remate de presentación de proposicións (sempre que non cadre en sábado) ás doce horas, nas dependencias do Instituto Galego de Estatística.

Fianza provisional: 400.000 ptas.

Fianza definitiva: 800.000 ptas.

Clasificación esixida: grupo I, subgrupo 3, categoría A.

O importe deste anuncio correrá por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1995.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística