Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 31 de maio de 1995 Páx. 4.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1995 pola que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Laboratorio del Noroeste, S.A., (Labornosa), con domicilio en Estr. N-VI p.k. 525+500, Pacios-Begonte, 27373 Lugo.

De acordo co establecido no artigo 2 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990), a Orde do MOPU do 15 de febreiro (BOE do 27 de febreiro de 1990), e a proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Lacace conforme establecen os artigos 12 g) e 20 a) do Decreto 108/1991, do 27 de marzo (DOG do 12 de abril), esta Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, resolveu:

Concede-la acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Labornosa con enderezo na estrada N-VI p.k. 525+500, Paeios-Begonte, 27373 Lugo, polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

* HF, área de control de formigón fresco, co número 15049HF95.

Este laboratorio e a súa acreditación considérase dependente do Laboratorio del Noroeste, S.A. (Labornasa) acreditado por resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 1 de outubro de 1991 (DOG do 25 de outubro) con número de rexistro 15015HC91.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo