Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 30 de maio de 1995 Páx. 3.990

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1995 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de comercialización e investigación de mercados, a Laurentino Bello Acebrón.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso de méritos, convocado por resolución desta universidade, do 3 de outubro de 1994 (BOE do 25 de outubro) para a provisión da praza núm. 94/049 de catedrático de universidade da área de coñecemento de comercialización e investigación de mercados desta universidade, a favor de Laurentino Bello Acebrón, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o apartado 2º do Art. 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo Art. 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Laurentino Bello Acebrón catedrático de universidade da área de coñecemento de comercialización e investigación de mercados desta universidade.

A Coruña, 15 de marzo de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña