Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a informa
ción pública a petición de instalación dunha L.M.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. Vilalonga-O Grove ata o C.T. de Gandariña, concello do Grove.
Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 21 kV, de 1.065 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios de formigón e metálicos.
Orzamento: 3.723.561 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 10 de marzo de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra