Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1995 pola que se anuncia a adquisición de 8 brouters e 7 hub,s para novas integracións no sistema de xestión de procedemento administrativo da Xunta de Galicia, polo sistema de contratación directa.

1. Obxecto do contrato: contratación de 8 brouters y 7 hub,s para novas integracións no sistema de xestión de procedemento administrativo da Xunta de Galicia.

2. Prazo de execución: 15 días, contados desde o momento da sinatura do contrato.

3. Orzamento: 3.488.433 ptas., IVE incluído.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

5. Fianza provisional: 69.769 pesetas.

6. Fianza definitiva: 139.537 pesetas.

7. Clasificación que se esixe: non se esixe.

8. Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sita na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día en que se cumpran 10 días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio.

10. Apertura de proposicións: en acto público ós tres días naturais, contados a partir do día seguinte

ó de finalización de presentación de proposicións, ás trece horas, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela. Se esta data coincidise en sábado, a apertura celebrarase o día seguinte hábil.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario, que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública