Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.967

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de evicción (344/1994).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítase, co número 344/1994, autos de xuízo declarativo de menor contía, por instancia de José Luis Moure López e María del Carmen Campos Garazo, representados polo procurador Regueiro Muñoz, contra María del Rosario Barral Lea, sobre declaración de propiedade; neles, por providencia de data dez de maio de 1994, admitiuse a trámite a demanda e acordouse dar traslado dela e emprazar á demandada para que dentro do prazo de vinte días compareza nos autos e a conteste. Acordouse igualmente citar de evicción ós vendedores do predio obxecto de litixio, Segundo

Caeiro Hernández e María del Carmen Ríos García, que foron veciños de Santiago de Compostela, rúa Diego Gelmírez, nº 38-2º, e actualmente en paradoiro descoñecido para a parte demandante, co fin de que dentro do mesmo termo de vinte días comparezan nos citados autos e contesten a demanda, de convirlles, baixo apercibimento de producírlle-los prexuízos a que haxa lugar en dereito se non comparecen por medio de avogado e procurador.

E para que sirva de citación en forma ós demandados de evicción referidos, expídese esta cédula en Santiago de Compostela, seis de abril de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado