Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.965

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1995 pola que se elevan a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, un posto de traballo de operador de ordenador (grupo C) convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 15 de marzo de 1995, establécese a composición do tribunal cualificador e sinálase a data, a hora e o lugar para a celebración do primeiro exercicio.

Rematado o prazo de reclamacións contra as relacións provisionais de aspirantes admitidos e excluídos das referidas probas, de acordo co disposto polas bases terceira, sexta e sétima da orde da convocatoria do 15 de marzo de 1995 (DOG nº 68, do 6 de abril), esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Elevar a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluidos á celebración das probas selectivas, sinaladas ó comezo, que se engaden como anexo I á presente resolución.

Segundo.-O tribunal cualificador das probas terá a seguinte composición:

Tribunal titular:

Presidente: Alejandro Fernández Rodríguez. Vicesecretario xeral técnico.

Vocais:

Manuel Vidal Martín. Xefe do Servicio de Administración Empresarial e Control na Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Alfonso Blasco García. Xefe do Servicio de Datos do Persoal da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

María Miramontes Castro, en representación dos funcionarios da Comunidade Autónoma.

Secretario: Luis E. Araújo Rodríguez. Xefe do Servicio de Xestión de Persoal na Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Tribunal suplente:

Presidente: José Luis Veiga Castiblánquez. Subdirector xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma.

Vocais:

Juan Martínez Piñeiro. Xefe do Servicio Técnico Xurídico na Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Carlos Carid Femández. Xefe do Servicio de Xestión e Programación da Dirección Xeral da Función Pública.

Manuel Díaz López, en representación dos funcionarios da Comunidade Autónoma.

Secretario: Pablo Moure Parrilla. Xefe do Servicio de Administración e Xestión Patrimonial.

Terceiro.-Convócanse os aspirantes admitidos á realización do primeiro exercicio, que terá lugar segundo a continuación se indica:

-Operadores de ordenador:

Día 6 de xuño de 1995 ás 17.30 horas, na aula nº 17 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita no Polígono das Fontiñas, s/n en Santiago de Compostela.

Para a realización do exercicio os aspirantes irán provistos do DNI e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de

Economía e Facenda