Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 25 de maio de 1995 Páx. 3.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa.

Obxecto: adaptación de nave existente na parcela nº 2-3 no polígono industrial de Sabón para almacén.

Orzamento: 28.226.272 ptas.

Clasificación: grupo C; subgrupo 1, 4, 6 e 7; categoría e.

Prazo: estas obras serán entregadas provisionalmente no prazo que figura no prego de condicións.

Pagamentos: efectuaranse mensualmente contra certificación de obra realmente executada, con cargo ó crédito consignado no orzamento vixente.

Garantía definitiva: o adxudicatario virá obrigado a constituír unha garantía definitiva sobre o 4% do orzamento da obra.

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

Don/Dona..., con domicilio en..., rúa..., número.... teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número .... actuando en nome propio (ou en representación de ... DNI número.... e con domicilio en.... rúa ... número ... ) desexa tomar parte na poxa convocada por.... e publicada en... con data do..., para executa-las obras comprendidas no proxecto de..., e para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta as obrigas que se derivan dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que achega nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En ...., ... de... de 199...

0/A licitador/a (asinado e rubricado)

Presentación de plicas: na Sección de Patrimonio e Contratación en horas de nove a trece, dentro do prazo dos dez días hábiles computados desde o seguinte ó da última inserción deste anuncio.

Apertura de plicas: ás doce horas do día hábil seguinte ó que remate o praxo de presentación de plicas.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau S.

Secretario