Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia licitacion para a adxudicación directa das obras de execución de pavimento no patio de xogos da gardería infantil do Ventorrillo (A Coruña).

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar licitación para a contratación directa da seguinte obra:

-Obxecto do contrato: execución do pavimento no patio de xogos da gardería infantil do Ventorrillo (A Coruña).

-Orzamento de licitación: seis millóns setenta e catro mil oitocentas noventa e sete pesetas (6.074.897 ptas.).

-Prazo de execución: un mes.

O prego de cláusulas administrativas e o de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, San Cactano, Santiago de Compostela.

As proposicións presentaranse no devandito rexistro ou na forma que dispón o artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de dez (10) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola comisión de contratación o terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas, sempre e cando este non coincida en

sábado, en que pasará ó primeiro día hábil seguinte, na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas.

O presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago.de Compostela, 2 de maio de 1995.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude