Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1995 da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución dos expedientes administrativos sancionadores incoados por infracción da lexislación vixente de pesca fluvial, do expediente sancionador número P-54/1994 e sete máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo de un mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta número 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla.

Expediente nº P-54/1994.

Denunciado: César Pérez Arruche.

Enderezo: r/ Virxe do Sagrario, 32-3-1, Madrid.

Feito denunciado: pescar en zona vedada.

Precepto sancionador: 34.6

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Expediente nº P-75/1994.

Denunciado: Juan Carlos Chao Mera.

Enderezo: r/ Lamas de Prado, 191-2º B, Lugo, 27004.

Feito denunciado: practica-la pesca coa licencia caducada.

Precepto sancionador: 34.1.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Expediente nº P-76/1994.

Denunciado: Marco Antonio Vigo Platas.

Enderezo: r/ Amizade, 15, Lugo, 17004.

Feito denunciado: practica-la pesca en río acoutado sen licencia de pesca e carecendo de couto.

Precepto sancionador: 34.1 e 10.

Sanción: 53.000 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Expediente nº P-152/1994.

Denunciado: Alfonso Fernández González.

Enderezo: Avda. Compostilla, 38, Ponferrada, 24400, León.

Feito denunciado: pescar carecendo de licencia de pesca.

Precepto sancionador: 34.1º.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Expediente nº P-159/1994.

Denunciado: Antonio Moura Sánchez.

Enderezo: r/ José Valloma Suárez, 3-2º, Ponferrada, 24400, León.

Feito denunciado: pescar carecendo de licencia de pesca.

Precepto sancionador: 34.1º.

Sanción: 50.001 ptas de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Expediente nº P-169/1994.

Denunciado: Manuel Corral Barro.

Enderezo: r/ San Vicente, 31 2º, Lugo.

Feito denunciado: pescar carecendo de licencia de pesca.

Precepto sancionador: 34.1º.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Expediente nº P-182/1994.

Denunciado: Fructuoso Varela Morandeira.

Enderezo: r/ Otero Pedraio, 40, 1º D, Lugo, 27003.

Feito denunciado: pescar carecendo de licencia de pesca.

Precepto sancionador: 34.1º.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Expediente nº P-232/1994.

Denunciado: José Castro Cupeiro.

Enderezo: Rafael de Vega, 5-2-I, Lugo.

Feito denunciado: pescar carecendo de licencia de pesca.

Precepto sancionador: 34.1º.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 14 de marzo de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo