Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación e plan de restauración da canteira de granito denominada San Antonio III.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise público o acor

do da Comisión Galega de Medio Ambiente, do 20 de xuño de 1994, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto e plan de restauración da canteira de granito denominada San Antonio III, sita nos concellos de Friol e Guitiriz (Lugo), e promovido por Ingemarga, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Lugo, 30 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Declaración de impacto ambiental

A Comisión Galega de Medio Ambiente considera axeitadas pero insuficientes as medidas correctoras e de protección ambiental, así como o plan de vixilancia ambiental e o plan de restauración, da canteira de granito denominada San Antonio III, sita nos termos municipais de Friol e Guitiriz (Lugo), promovido por Ingemarga, S.A., que figuran no estudio de efectos ambientais, polo que deberán ser modificadas e/ou complementadas coas que a continuación se indican.

1.-Consideracións preliminares

As condicións indicadas nesta declaración de impacto ambiental (DIA), son de obrigado cumprimento para o promotor.

Nembargantes, o promotor, poderá solicitarlle ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta declaración co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na actividade industrial, e sempre que as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins indicados na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor solicitarallo á Comisión Galega de Medio Ambiente, aportando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Unha vez recibida a solicitude e a documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e comunicaralle o acordo adoptado ó promotor.

Os prazos para a remisión dos estudios complementarios que se prevén nesta declaración serán fixados no apartado cuarto, denominado «medidas de control e vixilancia ambiental».

2.-Medidas correctoras e de protección ambiental.

a) Sobre a calidade do aire.

a.l. Os almacenamentos de estériles e outros amoreamentos que se poidan producir serán humedecidos periodicamente e cando as condicións ambientais o fagan necesario, para evita-lo desprendemento de po.

a.2. Prohíbese o uso da lanza térmica nas obras de explotación, debéndose substituír por outro método de corte cunha menor producción de estériles e gases.

b) Sobre o chan.

b.l. Os amoreamentos das terras vexetais teranse en zonas que sexan inaccesibles ó trafego da explotación e resgardadas o máis posible da acción do vento.

b.2. O promotor presentará un informe no que se indique o volume de aporte, superficie ocupada e localización dos amoreamentos de terras vexetais, estériles e outras achegas, xunto con tódolos datos que poidan ser de interese para determina-la idoneidade da localización destas.

b.3. No proxecto técnico para a entulleira de estériles recollido no anexo do estudio presentado, deberase incluí-la disposición dun camallón de terra vexetal situado ó redor desta e plantado con especies de crecemento rápido que oculte e reduza o impacto visual desta estructura.

c) Sobre as augas e a súa conducción.

c.1. A explotación deberá contar, polo menos, cunha balsa de decantación na que se recollan as augas de escorrentía procedentes do sistema de drenaxe previsto para a explotación.

c.2. Deberase presentar un informe técnico no que se describan e xustifiquen a situación, dimensións e os materiais de construcción empregados na balsa ou balsas de decantación contempladas no apartado anterior, e o trazado e características do sistema de drenaxe previsto no apartado V do estudio de efectos ambientais presentado.

c.3. O promotor deberá asegura-lo axeitado funcionamento e estabilidade, da balsa ou balsas de decantación, do que será absolutamente responsable.

c.4. A balsa ou balsas de decantación deberán manterse limpas, de xeito que manteñan a súa capacidade de almacenar auga.

c.5. Os finos sedimentados na balsa ou balsas de decantación poderán servir de estériles de recheo nas tarefas de restauración, prohibíndose de forma específica o seu vertido en terreos propios alleos á explotación así como en zonas de dominio público hidráulico (D.P.H.), especialmente canles convencionais.

c.6. O vertido das augas procedentes da balsa ou balsas de decantación realizarase a través de conduccións axeitadas, que deberán ser especificadas polo promotor.

c.7. No caso de que co emprego da balsa ou balsas de decantación, a auga non saia suficientemente limpa deberase recorrer a outras técnicas ou instalacións de depuración que aseguren a calidade do vertido hídrico.

c.8. As moreas de terras vexetais que existan na zona da explotación deberán estar rodeadas por un sistema de gabias que conduza os posibles efluentes hídricos producidos á balsa ou balsas de decantación, co fin de evita-la contaminación das augas. Os toxos que rodearán a entulleira, previstos no punto 3 das características da entulleira especificadas no anexo do estudio presentado tamén conducirán as augas de escorrentía á balsa ou balsas de decantación.

d) Sobre as pistas de acceso.

d.1. O promotor procurará a utilización na explotación de medios de transporte axeitados, en capacidade de carga e IDM, ás características dos accesos a esta.

d.2. Tamén coidará en todo momento do bo estado das pistas de acceso á explotación, reparándoas can

do se comecen a deteriorar, evitando preferentemente a formación de tochas, potas ou lameiros, que perturben ós outros usuarios das pistas.

d.3. De conformidade co Real decreto 1403/1986, sobre sinalización de centros de traballo, sinalizaranse tódalas zonas de acceso á explotación indicando a entrada e saída de camións e maquinaria de todo tipo.

e) Sobre a flora e fauna.

e.1. Respectarase en todo momento aquela vexetación que, atopándose nos límites da explotación, serve como pantalla visual e acústica e como barreira contra o po.

e.2. Nas pantallas vexetais previstas na explotación as especies empregadas serán as mesmas que as especificadas no apartado 3 da presente declaración. As anteditas pantallas non terán un largo inferior a 5 metros.

f) Sobre os residuos.

f.1. Non se poderá depositar nin acumular nas explotacións nin en terreos adxacentes ningún tipo de residuos sólidos, tales como chatarra, plásticos, pezas inservibles de maquinaria, ou calquera outro material que se xere na explotación, diferente dos materiais propios procedentes da extracción.

f.2. Os cambios de aceite da maquinaria e vehículos utilizados na explotación levaranse a cabo en talleres autorizados, e nunca nos terreos da explotación.

g) Ruídos e vibracións.

g.1. O promotor levará a cabo un estudio sobre o ruído e as vibracións producidas pola actividade industrial, no que se indicará:

-Tipo de aparello de medida, métodos de medición, unidades utilizadas e períodos de medición.

-Determinación do ruído de fondo tanto en horario diúrno, como nocturno, sen funcionamento da actividade e sen ruídos impulsivos ou accidentais.

-Previsión do ruído composto que producirá a actividade, con expresión dos períodos en que se producirán os niveis máximos, e valor destes.

-Estudio das transmisións de ruídos e vibracións que se poidan producir ás edificacións existentes ou potencialmente construíbles.

-Medidas correctoras para reduci-las transmisións no caso de que os datos obtidos indiquen transmisións sonoras e vibracións superiores ós límites admisibles.

-Para a determinación dos niveis sonoros das máquinas utilizadas na explotación, seguirase preferentemente a metodoloxía e notacións prescritas na Directiva do Consello da CEE do 19 de decembro de 1978, referente á aproximación das lexislacións dos estados membros relativos á determinación da emisión sonora das máquinas e materiais utilizados

nas obras de construcción (79/113/CEE), modificada pola Directiva do 7 de decembro de 1981 (81/1051/CEE), e pola Directiva do 11 de xullo de 1985 (84/405/CEE).

3.-Proxecto e plan de restauración.

3.1. O espesor da capa de terra vexetal de 10 cm previsto para a restauración da explotación nas medidas correctoras recollidas no estudio presentado non se considera axeitado, dado que neste substrato non poden plantarse e crecer as especies arbóreas que se van utilizar na revexetación da área explotada. Polo tanto o espesor da capa de terra vexetal non será inferior ós 0,5 metros, acadando, como mínimo, a mesma profundidade que tiña esta capa do chan antes da explotación.

3.2. Nos traballos de revexetación incluiranse preferentemente especies autóctonas co fin de mellora-las condicións ambientais existentes na zona de explotación.

3.3. As especies arbóreas empregadas na restauración da explotación plantaríanse cunha densidade e cun marco de plantación que asegure unha axeitada restauración paixasística das zonas alteradas. Con este mesmo fin evitaranse plantacións en fileiras ou disposicións antinaturais das árbores.

3.4. Non parece viable cubrir con hedra 4.000 m cadrados de paredes e bancos de explotación, como se ten previsto nas medidas correctoras recollidas no estudio presentado, polo que se deberá reduci-la altura dos taludes finais dos bancos de 6 m contemplados no proxecto de explotación a 3 m, de xeito que, entre banco e banco, quede unha berma de largo suficiente para a implantación de especies arbóreas de crecemento rápido que poida conter un espesor de solo dunha altura suficiente para a plantación destas especies.

3.5. Deberanse pechar e anula-las pistas e camiños propios da explotación ó finalizar esta, revexetándoos conforme o establecido na presente declaración.

3.6. Os estériles producidos durante a explotación e depositados nesta deberanse empregar preferentemente na restauración da actividade, co fin de garantir, na maior medida posible, a recuperación da paisaxe na zona afectada por esta.

3.7. O promotor presentará un anexo ó plan de restauración que recolla as prescricións referidas anteriormente neste apartado, así como a maquinaria, empregada na restauración, novas especies seleccionadas, marcos e densidade de plantación destas, e tódolos datos que sexan necesarios para determina-la idoneidade das medidas e disposicións recollidas neste.

3.8. Así mesmo realizarase un cronograma do plan de restauración completo, pormenorizando tódalas accións que se van realizar.

3.9. O promotor elaborará periodicamente un informe cunha reportaxe fotográfica que conteña:

A) Estado actual da actividade extractiva no que se describa a avaliación e situación das reservas.

B) Estado actual do cumprimento do plan de restauración, no que se indicará como mínimo:

-Obxectivos cumpridos no ano en curso (porcentaxe restaurada, porcentaxe de enraizamento, especies utilizadas, volume e procedencia da terra vexetal).

-Cronograma de accións de restauración para o vindeiro ano.

3.10. Os labores de restauración deberanse levar a cabo coordinadamente coas de explotación, para minimiza-lo impacto paixasístico e visual da mesma.

4.-Medidas de control e plan de vixilancia ambiental.

4.1. O promotor presentará perante o órgano substantivo, tres meses despois contados desde o momento de recibi-la presente declaración, o anexo ó plan de restauración, o cronograma deste e o informe solicitados nos apartados 3.7, 3.8, 3.9, respectivamente.

4.2. Tamén remitirá ó órgano substantivo, no prazo establecido no apartado anterior, os informes técnicos mencionados nos apartados b.2 (datos sobre as características dos amoreamentos previstos na explotación), c.2 (sobre as balsas de decantación e sistema de drenaxe da explotación) e a especificación requirida no apartado c.6 (descrición das conduccións de vertido das augas procedentes da balsa de decantación).

4.3. O promotor deberalle remitir ó órgano substantivo, no mes de xaneiro de cada ano natural, o informe coas prescricións recollidas no apartado 3.9.

4.4. O promotor presentará, tres meses despois, contados desde o momento de recibi-la presente declaración, perante o órgano substantivo, o estudio mencionado no apartado g.1. (estudio de ruído e vibracións). Con posterioridade, a periodicidade de presentación deste informe será anual.

4.5. Así mesmo presentará no órgano substantivo, coa mesma periodicidade que se establece no apartado anterior, un informe sobre a calidade das augas procedentes da balsa de decantación contemplada no apartado c.1 da presente declaración, baseado na análise de mostras de auga por laboratorios autorizados.

4.6. O órgano substantivo fixará un aval para garanti-lo cumprimento do plan de restauración e o plan de labores anual.

5.-Condicións adicionais

Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou a solicitude da Comisión Galega

de Medio Ambiente, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeren os mencionados impactos, e se corrixan as mesmas.

O presente acordo adoptado por esta comisión non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes para levar a cabo modificacións na actividade.

O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten posteriormente, en relación con estas actividades.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1994

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Presidente da Comisión Galega do Medio Ambiente

José Luis Aboal García Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente