En cumprimento do disposto nos artigos 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento, faise pública a adxudicación dos seguintes contratos:
-Título: asistencia técnica ó programa Ruta dos encoros-95.
Adxudicatario: Galicia Tours, S.L.
Orzamento de adxudicación: 4.330.000 pesetas.
Programa I: 3.950 ptas./praza.
Programa II: (xoves menores de 14 anos): 2.600 ptas./praza.
Programa II: (xoves maiores de 14 anos): 2.900 ptas./praza.
-Título: subministración de 8.000 camisetas e 8.000 gorras para a campaña de verán-95.
Adxudicatario: Cía de Intermediación Mercantil, S.A. (Cimersa).
Orzamento de adxudicación: 3.619.200 ptas.
Santiago de Compostela, 24 de abril de 1995.
Javier Batán Rodríguez
Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller
e Xuventude