Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

ANUNCIO de poxa.

Obxecto: de conformidade co acordado polo Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30 de marzo de 1995, anúnciase poxa para as obras de separata nº 2 II fase do proxecto de mellora de servicios na

rúa da Fraga desde o río ata a estrada N-651, segundo proxecto redactado polo enxeñeiro de camiños Marcelino López Méndez.

Orzamento. 2.066.561 pesetas.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Fianza provisional e definitiva: provisional: 441.331 ptas., e definitiva: o 4% do orzamento total de obra.

Prego de condicións: rexe para este contrato o prego de condicións aprobado pola corporación provincial en sesión do 29 de xaneiro de 1988.

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

D/Dª..., con domicilio en..... rúa... no... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa nº...) actuando en nome propio (ou en representación de ... ) con DNI ou CIF número... e con domicilio en... rúa... nº ... teléfono...., toma parte na poxa convocada polo Concello de Fene e publicada no... de datas... para execución das obras comprendidas no proxecto de... para tales efectos fai constar:

1.-Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas en relación co tipo de licitación.

2.-Que coñece e acepta cantas obrigacións se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3.-Que achega nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

...., ... de... de 199...

O licitador (asinado e rubricado)

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 6. Grupo G, subgrupo 6, categoría d).

Presentación de plicas: no rexistro xeral do Concello, en horas de 9 a 14 dentro do prazo de 20 días hábiles, computables desde o seguinte á última inserción deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, segundo resulte.

Apertura de plicas: na sala de comisións, ás 12 horas do día seguinte hábil (agás sábado) a aquel no que remate o prazo de presentación de plicas.

Fene, 4 de abril de 1995.

O alcalde

Rubricado