Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na súa sesión do 23 de febreiro do ano en que andamos, acordou aprobar inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior relativo á unidade de execución nº 25 das normas subsidiarias municipais sita en Sigrás, promovido por Eulasa, e que redactou o arquitecto José Mª Dopico Suárez.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo de un mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 116 a) do texto refundido da Lei do solo.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se coiden pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 31 de marzo de 1995.

P.D.

O alcalde

Rubricado