Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1995 pola que se anuncia concurso para a asistencia técnica ó Concello da Coruña para a realización dun plan de sistemas de información.

-Obxecto: asistencia técnica ó Concello da Coruña para a realización dun plan de sistemas de información. (Ref. AS95/19).

-Tipo de licitación: 20.000.000 de pesetas. (IVE incluído).

-Garantías: provisional, 800.000 pesetas; definitiva, 4% do importe de adxudicación.

-Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría a.

-Modelo de proposición: reintegradas cun timbre municipal de 18.740 pesetas, as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona.... veciño/a de.... con domicilio en..., provisto/a de DNI nº...., en representación de.... con domicilio en... (ou no seu propio nome), informado/a do anuncio de concurso para asistencia técnica ó Concello da Coruña para a realización dun plan de sistemas de información, e dos pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales c ompromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente».

-Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado, en horas de 9 a 13. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

-Prego de condicións: poderanse examinar e retirar copia na Unidade de Obras e Concesións, 2º andar do pazo municipal, praza de María Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 2 de maio de 1995.

O alcalde

Rubricado