Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto, de explotación para pase a concesión derivada do permiso de investigación denominado Vetusta; número 5575.

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que a Dirección Xeral de Industria decidiu que o proxecto de explotación para o pase a concesión mineira derivada do permiso de investigación denominado Vetusta número 5.575, sito nos lugares de Lampazas e Piornedo dos concellos de Samos e O Incio, promovido pola sociedade Pizarras del Oribio, S.L., fose sometido ó Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

En cumprimento do establecido no artigo 5, apartado 2º do referido decreto,

RESOLVO:

1.-Someter, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación para o pase a concesión mineira do permiso de investigación denominado Vetusta número 5.575, sito nos lugares de Lampazas e Piornedo dos concellos de Samos e O Incio, promovido pola sociedade Pizarras del Oribio, S.L.

2.-O estudio de impacto ambiental expoñerase ó público nesta delegación provincial, logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

3.-As alegacións formularanse, durante o dito prazo de trinta días hábiles, ante esta Delegación Provincial de Industria e Comercio.

Lugo, 2 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo