Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.812

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (283/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, dou fe de que nos autos de que se fará mención

se dictou a sentencia que ten o seguinte encabezamento e parte dispositiva.

«En Santiago de Compostela, vintedous de novembro de mil novecentos noventa e catro. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade pronunciou a seguinte sentencia.

No xuízo de faltas número 283/1994, dimanante do procedemento seguido por malos tratos e agresión no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Pilar Gómez Gómez, con domicilio no lugar de Albaredo s/n, «Casa do Capitán», O Páramo, Lugo; Amador Corral García, con domicilio no lugar de Raíces s/n, parroquia de Biduído, Ames.

Resolvo que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións o denunciado Amador Corral García, declarando de oficio as custas desta alzada.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría á disposición das partes (o recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

De conformidade co disposto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra a presente resolución poderán as partes interpoñer recurso de apelación, para ante este xulgado, dentro de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Pilar Gómez Gómez.

Expido e asino este testemuño, en Santiago de Compostela o seis de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA