1. Servicio que adxudica o contrato: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano bloque 2-2º, Santiago de Compostela CP 15704, teléfono (981) 54 27 69, fax (981) 54 27 62.
2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público.
3. a) Lugar de execución: Ribeira (A Coruña).
b) Natureza e extensión das prestacións, características xerais da obra: obras de construcción do hospital.
-Orzamento total: mil catrocentos setenta e cinco millóns novecentas trinta mil setecentas oitenta e nove pesetas (1.475.930.789 ptas.) IVE engadido.
c) División en lotes: non.
d) Elaboración de proxectos: non.
4. Prazo de execución eventualmente estipulado: 24 meses desde a acta de comprobación de replanteo.
5. a) Obtención do prego de condicións e dos documentos complementarios: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela, CP 15704, teléfono (981) 54 27 69, fax (981) 54 27 62.
b) Data límite para solicita-los documentos: 9 -xuño - 1995
c) Importe e modalidades de obtención: Ref. hospital comarcal do Barbanza-Ribeira (A Coruña). Proxecto entregado ás copisterías:
Copinino. Telf. (981) 58 89 38
Copy estudio. Te1f. (981) 59 33 85
Tórculo. Telf. (981) 59 26 00
Prezos a pagar segundo tarifa.
6. a) Data límite de recepción das ofertas: 16 xuño - 1995
b) Enderezo ó que deben remitirse: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela, CP 15704, teléfono (981) 54 27 69, fax (981) 54 27 62. Referencia hospital comarcal do Barbanza-Ribeira.
c) Idioma no que debe redactarse: castelán ou galego.
7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.
b) Data, hora e lugar de dita apertura: 27-xuño-1995, ás 10 horas no Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio
administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.
8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional 29.518.616 pesetas (2% do orzamento base de licitación), empresas españolas dispensadas Real decreto 1883/1979.
Fianza definitiva 59.037.232 pesetas (4% do orzamento base de licitación).
9. Modalidades esenciais de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Anualidades:
1995: 375.700.437 ptas.
1996: 475.000.000 de ptas.
1997: 625.230.352 ptas.
10. Forma xurídica que deberá asumi-la agrupación de contratistas a quen se lle adxudique o contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico que debe satisface-lo contratista: clasificación outorgada pola XCCA do Ministerio de Facenda (Arts. 98 e seguintes da LCE e 284 e seguintes do RXC).
Grupo C, subgrupo 2, categoría f, ver prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o cal o licitador queda vinculado á sua oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.
13. Criterios que serán empregados, para adxudica-lo contrato: véxase prego de condicións.
14. Outras informacións: véxase punto 1.
15. Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das Comunidades Europeas: 10-maio-1995.
16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais correrá por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 1995.
P.D. (Orde 7-5-1994)
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos