Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 1995 Páx. 3.691

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER XUVENTUDE

ORDE do 11 abril de 1995 pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da fundación Formación e Emprego de Galicia.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da fundación Formación e Emprego de Galicia.

Supostos de feito.

1. O 21 de xullo de 1993 solicitouse o recoñecemento de interese galego da fundación Formación e Emprego de Galicia, por medio do escrito presentado por Eusebio Justo Santos.

2. A fundación constituíuse en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela o 16 de xullo de 1993 ante o notario Ildefonso Sánchez Mera, co número 3532 do seu protocolo, por Jesús Díaz Díaz, José Ramón Santomil González, José Eusebio Justo Santos, Javier Pose Calvelo, Margarita Valcarce Fernández e Eduardo Fernández Pérez.

3. A comisión integrada por tódolos los secretarios xerais elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como formativo-ocupacional da fundación Formación e Emprego de Galicia, dado o seu obxecto, polo que, cumpridos os requisitos recollidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e segundo dispón o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundación de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, correspóndelle a execución das facultades inherentes a aquel á Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

4. Á vista da proposta da Comisión de Secretarios Xerais, pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 23 de agosto de 1993 (DOG do 20 de setembro), clasifícase como formativo-ocupacional a fundación Formación e Emprego de Galicia, tendo en conta o disposto no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

5. Segundo consta no artigo 5 dos seus estatutos son fins da fundación os seguintes:

a) Fomenta-lo estudio e a investigación en materia de formación profesional e social dos traballadores de Galicia.

b) Axudar á definición de necesidades de formación e cualificación dos traballadores galegos, en función das demandas sociais, o desenvolvemento rexional, tecnolóxico e económico.

c) Contribuír á mellora das condicións de traballo mediante a intervención na formación permanente dos traballadores galegos. Dedicaráselle especial atención á creación e mellora de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma onde radica.

d) Participar nas modalidades e niveis que defina o seu padroado na impartición directa de actividades de formación básica e permanente.

e) Prestarlle atención prioritaria á formación de desempregados con necesidades especiais de reinserción no mercado de traballo tales como: mozos de primeiro emprego, mulleres que reingresan ó mercado de traballo e parados de longa duración.

f) Calquera outro fin que o padroado considere de interese.

6. A xunta do padroado da fundación, celebrada o día 20 de decembro de 1993, adoptou acordo de modifica-los artigos 4, 11, 18 e 21 dos seus estatutos coa maioría suficiente e facultar a José Eusebio Justo Santos, presidente do padroado, para elevar a públicos estes acordos, o que se levou a cabo en escritura pública outorgada o 28 de decembro de 1994, ante o notario José Juan Ecenarro e Anzorandía en substitución de Ildefonso Sánchez Mera e co número 6661 do seu protocolo.

7. Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, nos estatutos e na demais documentación que figura no expediente constan, entre outros, os seguintes extremos:

Acreditación da personalidade dos fundadores, dotación inicial da fundación, estatutos, nos que consta o obxecto e a denominación, o goberno e o réxime de adopción de acordos.

O padroado da fundación está formado polos seguintes membros, que aceptaron os seus cargos:

Presidente: José Eusebio Justo Santos.

Secretario: Javier Pose Calvelo.

Tesoreiro: José Ramón Santomil González.

Vocais:

-Eduardo Fernández Pérez.

-Margarita Valcarce Fernández.

8. A Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude solicitou informe da Asesoría Xurídica, conforme o disposto no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, que aquela emitiu con data do 27 de xaneiro de 1995.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei 7/1983, do 22 de, xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, o Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento da organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, o Decreto 287/1993, do 10 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, así como a normativa de desenvolvemento desta e a de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, de acordo coa lei. O artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia, atribúelle a esta Comunidade Autónoma competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como co Decreto 2/1994, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da fundación Formación e Emprego de Galicia, dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvolvidas pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude, asumindo as funcións que en canto ó protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

3. Ó abeiro do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débese destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

4. A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dálle nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo as obrigas relativas á aprobación dos orzamentos e presentación de contas, que deberán ser cumpridos pola fundación nos prazos establecidos.

5. Que á vista do exposto se poden entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería de Familia, Muller e Xuventude segundo se desprende dos artigos: 5, 6, 7, 8, 11.1º e 18 da Lei 7/1983, en relación cos artigos: 2, 3, 4, 5 e 33 do Decreto 248/1992,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a fundación Formación e Emprego de Galicia, de Santiago de Compostela.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundaciones de Interese Galego, sección da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Terceiro.-Aproba-los seus, estatutos e a formación do seu órgano de gobemo, do que tódolos membros aceptaron os seus cargos.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial á obriga, de lles dar publicidade suficiente as súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a render contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento antes do derradeiro mes do exercicio económico anterior a aquel para o que se

formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1995.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude