Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 1995 Páx. 3.687

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 18 maio de 1995 pola que se determinan os servicios mínimos que hai que manter durante a folga convocada na empresa Raúl, S.A., para os días 19 e 26 de maio e 2, 9, e 16 de xuño.

Ante a convocatoria de folga presentada polos delegados de persoal da empresa Raúl, S.A. procede que, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, esta consellería determine os servicios mínimos que permitan, en sintonía co establecido no artigo 28.2º da nosa Constitución, compaxina-lo exercicio do lexítimo dereito á folga dos traballadores co mantemento dos servicios esenciais á comunidade.

Na súa virtude, e de conformidade co establecido no Decreto 61/1985, do 18 de abril e no Decreto 155/1988, do 9 de xuño.

DISPOÑO:

Os servicios mínimos que deberán manterse durante a folga convocada na empresa Raúl, S.A. serán os seguintes:

A) Servicios concesionais (concesión V-2310:XC-215):

-O Porriño- Vigo, pola N-120:

Saída do Porriño: 6.30, 8.30, 18.30 e 20.30 horas.

Saída de Vigo: 7.30, 18.30 e 20.30 horas.

-Rebordechán - Vigo, por Maceira - Mondariz -Ponteareas e N-120:

Saída de Rebordechán ás 6.35 horas.

Saída de Vigo ás 18 horas.

-Maceira - Vigo, polo Covelo - Mondariz- Ponteareas e N-120:

Saída de Maceiras ás 5.30 horas.

Saída de Vigo ás 19.30 horas.

-Mondariz - Vigo, por Ponteareas e N-120:

Saída de Mondaríz ás 10 horas.

Saída de Vigo ás 19.30 horas.

-Mondariz - Pontevedra, por Ponteareas - O Porriño e N-550:

Saída de Mondaríz ás 8 horas

-Mondariz - Vigo, por Guillade - Salvaterra e

N-120:

Saída de Mondaríz ás 7 horas.

-Caldelas de Tui - Vigo, por Entienza - Salceda - O Porriño e N-120:

Saída de Caldelas de Tui ás 8 horas.

Saída de Vigo ás 19.30 horas.

-Salvaterra- Ponteareas - Vigo, por Ponteareas e N-120:

Saída de Salvaterra ás 6 horas.

Saída de Vigo ás 19.30 horas.

-Mos - Vigo, polo Porriño e N-120:

Saída de Mos ás 6.45 horas.

Saída de Vigo ás 19 horas.

-A Cañiza - Vigo, pola Lamosa - Paraños - Ponteareas e N-120:

Saída da Cañiza ás 7.30 horas.

Saída de Vigo ás 12 horas.

-As Neves - Vigo, por Liñares - Teáns - Salvaterra - O Porriño e N-120:

Saída das Neves ás 7.30 horas.

Saída de Vigo ás 19.30 horas.

B) Servicios regulares de uso especial para transporte de obreiros:

Tódolos servicios nas expedicións anteriores ás 9 horas e despois das 18 horas.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda