Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 1995 Páx. 3.684

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS DE GALICIA

ASEMBLEA xeral, sesión ordinaria.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros de Galicia, en sesión celebrada o 20 de abril de 1995, acordou convoca-los conselleiros xerais á asemblea xeral ordinaria, que se celebrará no salón de actos da entidade sito na cidade da Coruña, Rúa Nova, 30, as 11.30 horas do día 17 de xuño de

1995 en primeira convocatoria, ou, no mesmo lugar, media hora despois, en segunda, conforme a seguinte orde do día:

1. Constitución da asemblea xeral.

2. Informe do presidente.

3. Informe da dirección xeral.

4. Informe da comisión de control.

5. Exame e aprobación, se é o caso, das contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria) e informe de xestión, tanto da Caixa de Aforros de Galicia como do seu grupo consolidado, e da proposta de aplicación do resultado da Caixa de Aforros de Galicia, todo isto corespondente ó exercicio económico de 1994, así como da xestión do seu Consello de Administración, no mesmo período.

6. Exame e aprobación, se é o caso, da memoria e liquidación dos orzamentos da obra social do exercicio 1994.

7. Exame a aprobación, se é o caso, de obra social nova e dos orzamentos da obra social para o exercicio de 1995.

8. Delegación de facultades para a formalización, execución e inscrición dos acordos adoptados e para efectua-lo preceptivo depósito das contas anuais no Rexistro Mercantil.

9. Nomeamento de interventores para a aprobación da acta da asemblea.

10. Clausura do acto polo presidente.

Quince días antes da asemblea, quedará depositada na sede central da caixa e ó dispor dos conselleiros xerais a documentación relativa ós puntos que figuran na orden do día.

A Coruña, 10 de maio de 1995.

O presidente do Consello de Administración

Rubricado