Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 1995 Páx. 3.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión do 9 de maio de 1995, acordou convocar concurso, por tramitación urxente, para a concesión administrativa da xestión do servicio público do matadoiro comarcal de Celanova, sito en Veiga Pequena-Barxa.

Con esta finalidade, publícase un extracto do prego de condicións que rexerá o devandito concurso, facendo constar que o prego completo está a disposición dos interesados na secretaría municipal.

Obxecto do concurso: o Concello de Celanova convoca concurso que ten por obxecto a concesión administrativa da xestión do servicio público do matadoiro comarcal de Celanova, sito en Veiga Pequena-Barxa.

O servicio obxecto da concesión inclúe o sacrificio faenado do gando vacún, porcino, equino e lanar, así como o transporte.

Prazo de concesión: a concesión destes servicios será por un período de 10 anos contados a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato, prorrogándose automaticamente por períodos de 5 anos, excepto no caso de que con 6 meses, como mínimo, de antelación ó final do prazo de contratación ou dalgunha das posibles prórrogas, algunha das partes manifeste á outra o propósito de rescindi-lo contrato á expiración do devandito prazo.

Canon: tendo en conta as características dos servicios que se contratan, establécese como canon mínimo o de 1 pta./kg canal, reservando para si o Concello Pleno o dereito a efectuar libremente a adxudicación avaliando no seu conxunto as condicións ofertadas polos licitadores e, polo tanto, sen necesidade de aterse á oferta económica máis alta, incluso a declaralo deserto.

Tarifas a percibir: os concursantes deberán xuntar proposta de tarifas de prezos, con fixación exacta de contías, referidas ós extremos que constan na base 18 j).

As tarifas a cargo do usuario, que percibirá como retribución o concesionario, serán aprobadas polo Pleno da Corporación; as devanditas tarifas modificaranse anualmente como mínimo de acordo co IPC.

Persoal: o concesionario obrígase a que o 50%, como mínimo, dos postos de traballo deste servicio se cubran con veciños do concello de Celanova.

Garantía: o adxudicatario deberá constituír no prazo dos dez días seguintes a aquel no que se lle notifique a adxudicación unha fianza definitiva por importe de oito millóns de pesetas (8.000.000 de ptas.), en metálico, aval bancario ou valores públicos, a que experimentará anualmente a variación porcentual que sufra o IPC, durante todo o prazo contractual e posibles prórrogas.

Proposición, documentos e prazo de presentación: o expediente deste concurso poderá ser examinado na secretaría do Concello de 9 a 13 horas, no prazo

de dez días hábiles, a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio deste concurso no BOP da provincia ou no DOG. Durante os devanditos días e horas poderanse entrega as proposicións, que irán en sobre pechado no que se incluirán os seguintes documentos:

a) Proposición conforme o modelo que se establece ó final deste edicto.

b) Acreditación de ter presentado garantía provisional.

c) Fotocopia de DNI do asinante da proposición.

d) Se o licitador é unha sociedade mercantil, escritura de constitución da mesma inscrita no Rexistro Mercantil.

e) Poder declarado bastante polo secretario no caso de que se actúe por representación ou por mandado doutra persoa fisica, entidade ou persoa xurídica.

f) Declaración na que o licitador manifeste baixo a súa responsabilidade que non se encontra comprendido en ningún dos casos de incapacidade e incompatibilidade dos artigos 4 e 5 do Regulamento de contratación das corporacións locais ou no artigo 9 da Lei de contratos do Estado.

g) Documentación que xustifique estar ó día do pago da contribución de impostos estatais e locais ou estar exento deles, así como das cotas da Seguridade Social.

h) Memoria explicativa na que necesariamente se deberán pronunciar sobre os datos seguintes:

-Posibles obras ou instalacións de mellora que realizará o concesionario e ó seu cargo, custo delas e período no que se executarán.

-Documentación que acredite a experiencia de traballo do licitador como empresario de matadoiros.

-Suxerencias ou modificacións que, sen entrar en contradicción co establecido, no prego, poidan mellorar a realización do servicio para a concesión do que se convoca o presente concurso.

-Alta no IAE no epígrafe que o autorice para realizar servicios do tipo que se contrata.

i) Plan detallado de organización e prestación do servicio.

j) Proposta de tarifas de prezos, con fixación exacta de contías, referidas ós extremos contidos na base 18.

Apertura de proposicións e adxudicación da concesión:

A mesa do concurso constituirase o día seguinte hábil ó de terminación do prazo de presentación de proposicións, conforme o determinado no artigo 33 do Regulamento de contratación das corporacións locais, en acto público, na Casa do Concello, a partir das 12 horas. Unha vez lidas as proposicións polo presidente, poderanse rexeita-las que non xunten toda a documentación esixida, así como as non axustadas ó modelo que poida producir dúbida racional

sobre a persoa do licitador, prezo ofrecido ou compromiso que non asumira.

Baremo:

O Pleno do Concello resolverá discrecionalmente o presente concurso, logo de dictame da comisión informativa municipal competente, aplicando os seguintes haremos:

1. Especialización, referencias técnicas e experiencia que se teña acreditada como empresario en explotacións da mesma índole do servicio obxecto do concurso. Valoración: 0 a 5 puntos.

2. Plan de organización e prestación do servicio proposto polo licitador. Valoración: 0 a 5 puntos.

3. Obras e instalacións non obrigatorias neste concurso e que mellorarían o servicio. Valoración: 0 a 5 puntos.

4. Por cánon. Valoración: 0 a 5 puntos.

5. Por tarifa de prezos. Valoración: 0 a 6 puntos.

6. Calquera tipo de garantía que se considere como contribución a unha mellor forma para a prestación do servicio, así como a posible participación, fixada porcentualmente, do concello nos beneficios da empresa. Valoración: de 0 a 5 puntos.

Modelo de proposición

D./Dacon domicilio en, en plena

posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, en nome propio, ou en representación de.........., conforme acredito con........, informado do prego de condicións e demais documentos que constan no expediente do concurso convocado polo Concello de Celanova, para adxudica-la explotación do servicio de matadorio comarcal na parroquia de Barxa; DECLARO que non está incuso en ningunha das causas de incapacidade e incompatibilidade previstas nas normas vixentes que regulan a contratación nas administracións públicas e que se encontra ó día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social; ACEPTA E SOMÉTESE expresamente ós pregos de condicións deste concurso e cantas obrigas del se deriven ós tirbunais de Celanova. Como canon de explotación, excluído o IVE, se é o caso, proponse o seguinte:......ptas. En Celanova,....de....de 1995 (Data e sinatura do licitador).

Celanova, 10 de maio de 1995.

O Alcalde

Rubricado