Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 1995 Páx. 3.673

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (18/1995-J).

Eu, Inmaculada Pulido Domínguez, oficial en funcións de secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas número 18/1995, sobre lesións en agresión, dictouse sentencia coa decisión seguinte:

«Que debo absolver e absolvo a Generoso Villaverde Peña dos feitos enxuizados nas presentes actuacións, declarando de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que non é firme e poden interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, a contar desde o seguinte á súa notificación, ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Para que sirva de notificación ó denunciado Generoso Villaverde Peña, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia o trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado