Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 1995 Páx. 3.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de pesca que se cita (expediente número 94/114).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de

pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, OP, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados, que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos (A Coruña). Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado igualmente a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 27 de marzo de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña