A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense dá a coñecer que por acordo da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio de data 30 de novembro de 1993 se somete a información pública o estudio de impacto ambiental seguinte:
Proxecto: aproveitamento dos recursos da sección C para granito en bloques e outros subproductos de perpiaño e áridos. Concesión de explotación Rial V, nº 4588.1
Situación: Mugares, termo municipal de Toén (Ourense).
Solicitante: Canteras Hnos. Cortiñas, S.L.
O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 30 días hábiles contados a partir da presente publicación e de conformidade co establecido no punto 2 do Art. 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.
Ourense, 25 de xaneiro de 1995.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense