Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.620

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1995 pola que se anuncia poxa de armas.

Ás 9 horas do día 17 de xuño de 1995 terá lugar nas dependencias da Comandancia da Garda Civil da Coruña, sita no lugar de Lonzas, San Cristovo, a poxa de armas composta de 197 lotes, entre escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostas ó público os días 12, 13, 14, 15 e 16 de xuño, no dito acuartelamento, das 9 ás 14 horas, momento no que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre cerrado e o prazo de entrega deles coas ofertas concluirá ás 14 horas do día 16 de xuño.

A elas poden concorre-las persoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirilas.

A Coruña, 1 de marzo de 1995.

José Luis García Sánchez

Tenente coronel primeiro xefe