Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.588

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 127/1995, do 20 de abril, polo que se modifica parcialmente o Decreto 191/1985, do 1 de agosto, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias que se relacionan.

O Decreto 191/1985, do 1 de agosto, determinou os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos: A Pontenova (Lugo), Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambia e Xunqueira de Espadanedo (Ourense).

O traballo de campo e a documentación utilizados pola Comisión de Toponimia ó longo destes anos aportaron datos que aconsellaron á comisión, na súa sesión plenaria do vintenove de marzo de mil novecentos noventa e cinco, revisa-lo dictame referido a unha parroquia do concello de Vilar de Barrio, publicada no Decreto 191/1985, do 1 de agosto (DOG do 27 de setembro de 1985).

Por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de abril de mil noventos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o Decreto 191/1985, do 1 de agosto, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias que se relacionan, no sentido seguinte:

No concello de Vilar de Barrio, onde dicía: Alberguería (Santa María), debe dicir: Alberguería, A (Santa María).

Disposición adicional

Do establecido no presente decreto e do seu anexo darase conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública