Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 1995 Páx. 3.584

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA de asemblea xeral ordinaria.

De conformidade co disposto estatutariamente, e por acordo do Consello de Administración, convócase asemblea xeral ordinaria da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra para o día oito de xuño de mil novecentos noventa e cinco, a celebrar no auditorio, que se atopa no edificio social da entidade, situado na rúa Augusto González Besada, 2 e 4 de Pontevedra (acceso polo polígono de Campolongo), ás dezaoito horas na primeira convocatoria, e, de non reunirse o quórum necesario, en segunda convocatoria no mesmo día e en igual lugar ás dezaoito trinta horas, para trata-los asuntos comprendidos na seguinte orde do día:

1. Confección da relación de asistentes para a determinación do quórum e subseguinte constitución válida da asemblea.

2. Apertura da reunión pola presidencia.

3. Exame e aprobación, se é o caso, do informe da xestión do Consello de Administración, memoria, balance anual e conta de resultados do exercicio 1994, así como da proposta de aplicación destes ós fins da entidade. Informe de auditores.

4. Aprobación, se procede, da xestión da Comisión Delegada de Obras Sociais durante o exercicio de 1994, así como do orzamento para 1995.

5. Informe da Comisión de Control acerca da súa actuación en 1994.

6. Emisión de cotas participativas, obrigacións subordinadas, cédulas hipotecarias, bonos de tesourería ou calquera outro título financeiro de renda fixa.

7. Reforma do artigo 32 dos estatutos.

8. Cesamento de conselleiros e a súa substitución polos suplentes correspondentes.

9. Rogos e preguntas.

10. Acordo sobre aprobación da acta da sesión.

Con quince días de antelación á data da asemblea, os conselleiros xerais terán á súa disposición, na secretaría técnica da entidade, toda a documentación necesaria para a análise dos puntos que contén a orde do día establecido.

Pontevedra, 8 de maio de 1995.

Manuel Campos Vilariño

Presidente do Consello de Administración