Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 1995 Páx. 3.576

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (100/1995).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño:

Que nos autos de xustiza gratuíta seguidos co número 100/1995, por instancia de Marina Mª Pérez Triviño, representada polo procurador Fernández Pérez, contra Francisco Valeiras Sánchez, en paradoiro ignorado, acordouse convoca-las partes a comparecencia para o próximo día dezaseis de maio ás dez horas, ante este xulgado, por medio de edicto á parte demandada, co apercibimento de que se non comparece continuará o trámite coa súa intervención do letrado do Estado.

E para que conste e sirva de citación ó demandado Francisco Valeiras Sánchez, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o catro de abril de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA