Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 1995 Páx. 3.573

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 5 de maio de 1995 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, por Orde do 21 de marzo de 1995 (DOG nº 66, do 4 de abril), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei.

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios

centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 21 de marzo de 1995, (DOG nº 66, do 4 de abril).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O dito funcionario deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previso no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do precedemento administrativo común,

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Paseiro Pardal, Enrique.

NRP ou DNI: 3602160113 A2051

Grupo: B.

Nivel C.D: 28 A

Corpo ou clase: Corpo de Xestión de Administración da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: Servicio de Informática Área Asistencial.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.